A creación de xoias
Como se crean as xoias de Fento do Vento?
Tódalas nosas pezas están elaboradas de forma artesanal, durante moitas semanas, incluso meses: dende a súa recollida, secado, tratamento con resinas, lixado…
Poñemos especial coidado en cada detalle, utilizando técnicas manuais que fan que cada xoia sexa única. Ó non ser unha produción industrial, cada creación pode ter pequenas variacións que a fan aínda máis exclusiva.
Qué materiais utilizades?
Traballamos con materiais de alta calidade, seleccionados para garantir a durabilidade e beleza de cada peza, procurando empregar provedores galegos ou, no seu defecto, de España (para o embalaxe ou as cadeas, por exemplo).
Podes atopar especificacións detalladas sobre os materiais (como metais ou acabados) na descrición individual de cada produto na tenda.
Por qué se considera que o proceso é sostible?
Plantamos os exemplares que imos usar nas xoias, e se non é posible, a recollida é respectuosa co medio ambiente: tómase folla só de restos de podes ou ramas rotas.
Ademais, a resina que empregamos é ecolóxica, vén dos cereais e os nosos provedores son de Galicia ou de España.
Non sobreproducimos: elaboramos as pezas para ter un pequeno stock ou baixo pedido, para non desperdiciar materiais.
Envíos e entregas
Canto tardará en chegar o meu pedido?
Ó ser pezas artesanais, preparamos cada envío con coidado. O tempo de xestión é de 48 días hábiles para pezas en stock, e o envío estándar adoita tardar entre 2 e 20 días laborables dependendo da túa ubicación e do envío seleccionado.
No caso de pezas personalizadas, o proceso pode demorarse uns 60 días.
Enviades a toda España?
Si! Incluíndo as illas. Tamén enviamos a varios países europeos, pero podemos enviar as túas xoias, a calquera destino que nos indiques!
Escríbenos se queres enviar o teu pedido a un país diferente ós que se ofrecen na web.
Cambios e devolucións
Podo facer unha devolución se non estou satisfeita/o?
Claro! Queremos que esteas encantad/o coa túa xoia Fento do Vento.
Se non é así, tes un prazo de 14 días naturais desde a recepción do pedido para solicitar unha devolución ou cambio, sempre que o produto estea no seu estado orixinal e co seu embalaxe intacto.
Que fago se a miña xoia chega danada?
Se recibes unha peza danada ou hai algún erro no teu pedido, ponte en contacto con nós a través de fentodovento@gmail.com ou a través do noso WhatsApp o antes posible, incluíndo unha fotografía do produto. Encargaremonos de solucionalo rápidamente.
Coidados e Personalización
Como debo limpar as miñas xoias?
A resina é porosa, polo que o ideal é limpala suavemente cun pano suave e seco de algodón despois de cada uso.
Evita o uso de produtos químicos ou líquidos de limpeza de xoias que poidan danar os acabados artesanais.
Realizades xoias personalizadas?
Encántanos crear pezas únicas! Se tes unha idea en mente ou buscas algo especial para un agasallo ou evento, escríbenos a fentodovento@gmail.com e cóntanos a túa idea.
Estaremos encantadas de valorar a posibilidade de realizar un deseño a medida.
As xoias son resistentes á auga?
Para conservar o brillo e a calidade das túas xoias durante máis tempo, recomendamos evitar o contacto directo coa auga, perfumes, cremas ou produtos químicos. Suxerímosche quitárteas antes de bañarte ou facer exercicio.