Details
Brincos de flores de hortensia naturais, tratadas artesanalmente con resina ecolóxica e aro de aceiro hipoalerxénico.
As hortensias recórdannos ás casas das avoas, aos camiños dos nosos pobos… Velas é volver a un lugar (ou a unha persoa) gardado na nosa memoria.
Leva esta flor tan especial con estes pendentes, ideais para calquera ocasión e para calquera idade.
Cada peza é única, resistente e elaborada con flores reais, polo que poden existir lixeiras variacións de cor, tamaño e forma.












