Details
Colar artesanal de flores de hortensia naturais, tratadas con resina ecolóxica.
As hortensias lémbrannos as casas das avoas, os camiños dos nosos pobos… é velas, e levánnos a un lugar (ou a unha persoa) na nosa memoria. Leva esta flor tan especial con este colar que é ideal para calquera ocasión e para calquera idade.
Cada peza é única, resistente e elaborada con flores reais, polo que poden existir lixeiras variacións de cor, tamaño e forma.










