Details
Regalar (ou autorregalarse) rosas sempre é unha boa idea.
Non ten que ser San Valentín, nin un aniversario, regalar rosas sempre é un acerto… e máis aínda se son rosas que se poden lucir e nunca se van marchitar.
Luce estes brincos con rosas de ton granate ou avermellado (segundo a época de recollida) con gancho de aceiro hipoalerxénico. Teñen moito movemento e nin sequera notarás que os levas postos.
Cada peza é única, resistente e elaborada con flores reais, polo que poden existir lixeiras variacións de cor, tamaño e forma.










