Details
As margaridas son simplemente máxicas.
Parecen sinxelas pero non é unha simple flor… son moitas!!
É unha inflorescencia, composta por moitas pequenas flores, o que a fai aínda máis especial (e bonita, se cabe).
Viste esta flor tan especial cos nosos pasadores de aceiro hipoalérxico realizados de xeito artesanal con margaridas naturais e resina ecolóxica.
Cada peza é única, resistente e elaborada con flores reais, polo que poden existir lixeiras variacións de cor, tamaño e forma.











