Fento do Vento
crea xoiería artesanal con flores e elementos naturais preservados. As súas pezas, orixinais e sostibles, reflicten un forte vínculo coa natureza e Galicia.
Son Nerea, artesá por vocación. En 2020 naceu Fento do Vento como unha forma de transformar a beleza da natureza en xoias feitas a man. Follas, flores e recordos convértense en pezas únicas cheas de significado, creadas con calma e alma.
Tes algunha pregunta? Estamos aquí para axudarche.
Que tipo de xoias facedes?
Creamos xoiería orixinal e rechamante, feita a man cun forte vínculo coa natureza e con Galicia. Cada peza reflicte un traballo artesanal coidado e con identidade propia.
En que vos diferenciades doutra bixutería de resina?
Contamos con máis de 5 anos de traxectoria e formamos parte de Artesanía de Galicia, o que garante un traballo artesanal certificado, con procesos coidados e unha identidade cultural e creativa propia, moi afastada da produción en serie.
Canto custa o envío?
Os gastos de envío varían en función do importe do pedido, o destino e o tipo de envío. Podes consultar toda a información detallada na nosa páxina de envíos e condicións.
Cando recibirei o meu pedido?
Os gastos de envío varían en función do importe do pedido, o destino e o tipo de envío. Podes consultar toda a información detallada na nosa páxina de envíos e condicións.
Podo cambiar ou devolver o meu pedido?
Si. Podes solicitar un cambio ou devolución dentro dos 30 días posteriores á recepción do pedido, sempre que o produto non fose usado.
Se desexas cambialo por outro modelo ou cor, contáctanos canto antes para poder reservar a nova peza.