Details
Queres conservar un ramo ou flores especiais nunha xoia?
Nós ocupámonos!
Pero antes de nada, escríbennos para saber o estado das flores que queres transformar en xoia e ver que peza se adaptaría aos teus gustos (collar, brincos…). En base a iso, enviarémosche un orzamento que inclúe:
- O envío das flores dende a túa casa ao noso obrador
- A transformación en xoia
- O envío da xoia xa rematada
O orzamento variará segundo o estado e número de flores e pezas a realizar.







